viernes, 14 de septiembre de 2012

Presentación

ÚLTIMAS NOVAS!!!

TEATRO PARA PEQUES EN LUGO!



   
E... CATALINA LINO LINA...


















Este verán volve Contaxiarte a Lugo!!! 


Un achegamento interdisciplinar ao mundo das artes escénicas: teatro de actor, clown, movemento expresivo, monicreques, teatro de sombras, escritura creativa, expresión plástica…
O neno ou nena adquirirá as ferramentas que lle permitirán crear realidades sen precisar de xoguetes- obxecto.
Dun xeito lúdico, estará coñecendo o seu propio corpo, probando novas formas de comunicación, descubrindo ós outros e respectando o seu traballo, deixando voar a súa imaxinación para crear personaxes, ambientes e historias.
Idades de 5 a 10 anos
MÁIS INFORMACIÓN 
 glup.glupteatro@gmail.com 
hipocritaeatro@gmail.com
Tlfno: 677 974 775 (Carlos) // 635 852 267 (Elea)


GlupGlup Teatro e Animación naceu no ano 2010 apostando por unha educación non formal de calidade.


Propoñemos unha vía de traballo expresiva  a través do mundo do teatro e das artes, para cativos e non tan cativos. 
O noso alicerce é o desenvolvemento da imaxinación, da creatividade e o autocoñecemento, sempre dende unha perspectiva lúdica e dinámica que permita aos máis novos achegarse ao mundo do teatro e as artes. 
Plantexamos varias vías de traballo: 
- Espectáculos
- Obradoiros permanentes 
- Obradoiros intensivos 
- Contacontos 
- Animacións